viernes, 2 de marzo de 2012

pero despois que será
cando morran os vivos
e vivos recorden aos mortos
e os anxos xa quedaron sen paciencia
e do ceo caen todas as estrelas
a un campo humido e frío
e a lúa precipitase sobre o mar
e perfuma o aire
e a escuridade sabe a sal.

Pero hai que saber
que a catastrofe
e o xeito de deseñar un novo ceo
e a terra esta queimada
para árbores máis fermosos
e os anxos volveran a pisala
e Deus podra por fin
ollar o mundo sen rencor
e por fin podremos ser todos UNO.
Bastaría un sorriso
para salvarme
e unha ollada
para ter esperanza
pero non hai salvación nin esperanza,
porque
o sorriso xa non é meu
e a ollada fai decadas que non me mira.