A MIÑA NINFA DAS AUGAS
Hoxe o día esta cincento.
A luz espera lonxe nas fronteiras
feridas dun adeus moi lonxano,
Hoxe o día esta triste
como un melancólico outono
estático,quedo,
detido no tempo inmóvil
do canto da rula,
e no líquido dourado
que deixa a tarde sobre
a auga nova da súa plumaxe.
Hoxe o día esta triste.
Pasan os trens da viaxe que non levo,
trimbrando as súas máquinas
sobre os ríos sedados
do antigo traxe das árbores do verán
que hoxe viaxan ao mar
gastados e vellos.
Hoxe o día esta triste.
Pero penso nos teus pés
amarelo de area salgada
e diminutas estreliñas
que se apagan dramaticamente
con os meus bicos morados
Pero penso
cando xogaban nos estanques,
coma unha ninfa branca,
a inventarme
a peixe azul que non vivia
e a amor das algas
que de AMOR,
por ti eternamente morian.
Os tres primeiros versos atrapan, grazas por seguir.
ResponderEliminar:-)