miércoles, 24 de noviembre de 2010

Hoxe pode ser un bo día,
para levantar a esperanza
como unha bandeira nova,
como un vento antigo que non estaba,
como un vello mineral de ouro
sobre as lendas das terras molladas.

Hoxe pode ser un gran día,
diferente aos perennes días
de longos retratos que se queixan
dun dor,
unha e outra vez sobre as
túas feridas tolas de doces mentiras.

Hoxe pode ser un gran día,
hoxe pode ser a milagre,
hoxe poderas dicir
comeza a miña vida
pois atopei a verba precisa,
a paisaxe
que por fin feliz me mira.

sábado, 20 de noviembre de 2010

Aquí comeza o poema.
O tempo colocado sobre imaxe,
o vello espello averiado
de verdes feridas e abandono,
que xa non recolle formas nen paisaxes,
que quedou mudo,
con un tic-tac conxelado
que naufraga na túa boca que xa non mira,
na túa boca que non se deten
na túa boca que que quedou tamén muda
como o espello,
como a paisaxe,
como a miña boca
que espera sempre muda
aquela nostalxia da túa boca
na miña docemente detida.