domingo, 5 de diciembre de 2010

Hoxe neva tras as cristaleiras.

As árbores tecen unha pesada
follaxe de escuma,
e nos vidros cae esta semente
nova do ceo,
pinga de chuvia
feitizada de frío

Hoxe neva tras as cristaleiras,
e aquela violenta música da tormenta
que nos tivo prisioneiro
nas paisaxes que non descansan,
estan agora mudas.

Nesta nova música,
que soa no ceo
gracias ao misteiro
da gota que quiso ser
un instante branco de paz.