miércoles, 24 de noviembre de 2010

Hoxe pode ser un bo día,
para levantar a esperanza
como unha bandeira nova,
como un vento antigo que non estaba,
como un vello mineral de ouro
sobre as lendas das terras molladas.

Hoxe pode ser un gran día,
diferente aos perennes días
de longos retratos que se queixan
dun dor,
unha e outra vez sobre as
túas feridas tolas de doces mentiras.

Hoxe pode ser un gran día,
hoxe pode ser a milagre,
hoxe poderas dicir
comeza a miña vida
pois atopei a verba precisa,
a paisaxe
que por fin feliz me mira.

3 comentarios: