domingo, 19 de diciembre de 2010

TI ERES A MILAGRE

Hoxe podería ocorrer unha milagre,
como que salten de súpeto todas as chispas do mundo,
esas que durmiron mil outonos
no teu profundo cativerio incomprensible.
Aquel que xamais comprendiches.


Hoxe podería ocurrer unha milagre,
como que camiñádoo polas rúas de pedra
con o teu vestido de azul turquesa
os diminutos ollos dos fentos
boten a súa única flor de vida
polo teu vestido e doce sorriso.

Hoxe podería ocurrir unha milagre,
como que tomando o teu café de sempre,
aquela lianas que gabeaban polo teu silenzo
cegando a túa paisaxe sonora
abran novas frores
adornando con música
aquela tormenta fría
que te deixaba sen ollos.

e o café arrecenda
con amor,
sobre os teus beizos,
ese soño que sempre
estivo,
pero que estaba moi lonxe,
nese sendeiro borroso
do borroso esquecemento.

1 comentario:

  1. ....hoxw podería ocurrir unha milagre...
    ... hoxe xa vai una milagre: as tuas verbas
    ... un soño, doce sorriso,música,beizos...
    chispas de vida pola mañá cedo.
    graciñas gran home.

    ResponderEliminar